NAI TERRA, de Loli Prieto Rubio
NAI TERRA Coma un espírito do vento Cunha voz anterga xa esquecida. Coma un fío infindo dende o orixen,, Inexplicabel,ancestral e omnipresente. Ë o amor pola nai terra, A auga, as choivas , o monte. Ë a paisón pola derradeira bágoa Dás meigas que choran.
Quero facer un feitizo, Para que miña nai non morra. Quero chegar ata o ceo E soñar novas treboadas De auga pura. Fuxir entre néboas Tépedas e molladas ¡ata chegar o rei sol Sin ser cinza!. ¿ cómo pode un espírito de vento Susurrarlle á humanidade basta?, ¿ Cómo pode unha árbore Fuxir da asasina chama?. ¿ Podería este fío ancestral Cunha soa cantiga, Tornar azuis os mares E a terra limpa?. Esquecéronse de cantar oxe As ninfas.... E só escoito o silencio Coma un deserto Un deserto insondable... Que non pode gañar. Máis unha voz moi cativa Paréceme susurrar: ¡Lembra espírito do vento Nas vosas mans está!.
|
Por lobogabriel - 6 de Enero, 2010, 17:18, Categoría: poesia
Enlace Permanente
| Comentar
| Referencias (0)
|